Reforzo da vixilancia e sinalización para erradicar vertedoiros incontrolados en Narón

O Concello de Narón intensificará os controis no termo municipal para erradicar vertedoiros incontrolados.

As concellerías de Servizos e Medio Ambiente, presididas polos edís Ibán Santalla e Santiago Galego, respectivamente, reforzarán a súa actividade nesta área, con diversas accións, para poñer freo a uns feitos que se repiten con certa asiduidade no termo municipal.

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que unha das melloras implantadas dende a entrada en vigor do novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e Limpeza Viaria é o aumento de recollida dos residuos que pasou de 2 a 3 veces por semana.

Tan só na última semana responsables da empresa Urbaser retiraron, tal e como indicou o edil, catorce puntos nos que se localizaron vertedoiros incontrolados no termo municipal, maioritariamente na zona rural. “Imos reforzar os controis e tamén a colocar sinalización nas zonas nas que detectamos que se están levando a cabo este tipo de prácticas, totalmente incívicas e para cuxa erradicación é preciso contar coa colaboración cidadá, porque coidar o noso entorno é cousa de todas e todos nós”, recalcou Santalla.

Pola súa banda, o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, denunciou que “neses vertedoiros podemos encontrar todo tipo de entullo, electrodomésticos usados, restos de podas e talas de árbores… (cuxa procedencia está investigando a Policía Local) cando dende o Concello dispoñemos dos medios e instalacións necesarias para evitar este tipo de condutas”.

Ó respecto, os edís indicaron que o Concello ten a disposición da cidadanía as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo, operativo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas, e tamén o Servizo de recollida de enseres co que se debe concertar a recollida chamando ó teléfono: 981391074.

A ordenanza municipal contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”, que valora a Policía de Medio Ambiente, se ben nos que se tramitan pola lei autonómica de residuos, os expedientes remítense á Xunta de Galicia, ó non ser competencia municipal, e as sancións poden superar os 30.000 euros.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …