A alcaldesa de Narón participa na asemblea xeral do Eixo Atlántico

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acudiu este mércores, día 23 de febreiro, á asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico celebrada en Santiago de Compostela, na que se abordaron diferentes temas de interese dos exercicios correspondentes a 2021 e 2022, así como a renovación da presidencia do organismo.

Con máis de trinta anos de historia, o Eixo Atlántico integra na actualidade a 35 municipios de Galicia e do norte de Portugal e desenvolve parte do seu labor centrándose no desenvolvemento de infraestruturas para a mellora de conexións do territorio e tamén de programas culturais e turísticos entre todos os integrantes do Eixo.

O presidente do Eixo Atlántico presentou o balance de xestión correspondente ó pasado ano e tamén un informe dos presidentes das Comisións Políticas. Así mesmo, deuse a coñecer o informe de contas do anterior exercicio. A mayores, presentáronse o programa e o orzamento correspondentes ao presente ano antes de abrir un turno de rogos e preguntas.

No transcurso da convocatoria tamén se procedeu a cambiar a presidencia do organismo, que pasa a ostentar a alcaldesa de Lugo e actual vicepresidenta, Lara Méndez, que releva a Ricardo Río, presidente da Cámara Municipal de Braga (Portugal)

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …