O Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón que este venres, día 25 de febreiro, procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias rúas do polígono de Río do Pozo, segundo avanzou a empresa.
En concreto, tal e como especificaron, entre as 02.00 e as 04.00 horas o corte afectará ás rúas Cesteiros e dos Mariñeiros e entre as 04.00 e as 06.30 horas, á avenida Bernardo Romero.
A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, tal e como aseguraron.
Dende a compañía solicitaron de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar a interrupción no subministro nesas zonas da cidade.