O Concello de Ferrol achega a obra e figura de Rosalía de Castro a través do comercio local

Marcapáxinas do Día de Rosalía | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol vai conmemorar mañá mércores, 23 de febreiro, o Día de Rosalía cunha iniciativa que busca achegar a obra e figura da autora ao público en xeral a través dos comercios. A administración local distribuíu un total de 3.000 marcapáxinas entre librerías e tendas de roupa e complementos dos barrios do centro, Canido, Ferrol Vello, Ensanches, Caranza, San Xoán, Catabois, Praza de España e mercados municipais de Recimil, Caranza e Magdalena que se repartirán entre a súa clientela no día de mañá.

Ademais o Concello colocará flores fronte á estatua de Rosalía de Castro, na praza do seu mesmo nome, en recordo á escritora.

Lea también

La pescadería de Ucha reabre sus puertas tras su transformación en un moderno gastromercado

La pescadería del mercado de Ucha, en el barrio de A Magdalena, ha reabierto sus …