Proceso de escolarización de infantil e primaria en Narón

O Auditorio municipal de Narón acollerá este xoves día 24 ás 17.00 horas, unha reunión dirixida ás familias da cidade con fillos en idade escolar para informar sobre o proceso de escolarización na cidade.

As direccións dos centros de ensino públicos de Infantil e Primaria informarán ás persoas asistentes sobre este proceso e sobre os recursos e programas educativos de cada un dos colexios, como recordou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

Así mesmo, a edil naronesa presentará á comunidade educativa a páxina web municipal www.buscoactividade.naron.es  “un espazo no que se atoparán diferentes actividades do Concello de Narón, para buscar a actividade que se desexe introducindo o nome da mesma ou palabras similares, pero tamén para buscar actividades que se poidan realizar polas mañás, polas tardes, dirixidas a colectivos específicos, seleccionar por idades ou ver as actividades que se fan nos barrios” manifestou Taibo, recordando tamén que o Concello ten a disposición da cidadanía a páxina web http://buscocole.naron.es/ a través da que introducindo o enderezo de residencia na cidade se poden consultar os centros educativos de referencia que corresponden en cada caso.

A concelleira de Ensino recalcou a importancia de que as familias acudan a esta convocatoria na que terán a oportunidade de realizar ás direccións dos centros as preguntas que consideren oportunas para solventar posibles dúbidas.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …