Campaña «Conecta coa vida. O uso do dispositivo cun enfoque preventivo», Narón

O edil de Sanidade do Concello de NarónSantiago Galego, e a presidenta de Asfedro, Sari Alabau, desprazaronse o xoves, día 17 de febreiro, ó colexio Jorge Juan para iniciar a seguinte fase da campaña “Conecta coa vida” xunto co alumnado que participou cos diseños e confección de dípticos, cartelería e posavasos que serán repartidos nos colexios e nos estabrecementos de hostalería.

Realizaron este traballo previo de diseño 17 alumnos e alumnas de 4º curso de E.S.O. do colexio Jorge Juan. O alumnado deseñou seis cartaces e posavasos empregando un deseño gráfico propio no que explican diferentes condutas que experimentan as persoas que fan uso dos dispositivos móviles dun xeito abusivo, tal como recordou Galego, destacando a importancia de recoñecer estas condutas para propiciar solucións canto antes e así evitar danos maiores.

Desde Asfedro, Alabau remarcou a importancia desta campaña que permite traballar temas de novas adiccións que, neste caso, están referidos aos dispositivos móbiles porque poder abrir a porta ademáis a outras adiccións.

Lea también

Minuto de silencio ante o Concello de Narón tralo asasinato dunha muller en Ourense

A alcaldesa, Marián Ferreiro, encabezou a concentración silenciosa convocada para este mediodía ante a porta …