Programación cultural do primeiro trimestre do ano en Mugardos

A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, adiantou este xoves, día 17 de febreiro, que o seu departamento está xa a traballar na programación cultural do primeiro trimestre de 2022, que inclúe o 24 de febreiro a celebración do Día de Rosalía de Castro, as fins de semana do 19 e o 26 de marzo as Pepitas, e o Entroido 2022.

O primeiro evento marcado no calendario é a celebración o próximo día 24 do Día de Rosalía de Castro, que se está a organizar conxuntamente coa asociación Apelón Educación e o departamento de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra. Así, o día 26 da mán de Apelón Educación haberá unha lectura de poemas, e o día 24 haberá unha proxección no Salón de Plenos e unha selección musical na rúa, e convídase a grandes e pequenos a acudir disfrazados de Rosalía. Apelón pon tamén a disposición dous muráis para retratarse (un na biblioteca e outro na OIT).

A seguinte festa na que se está a traballar é unha das xornadas de troula por excelencia, o Entroido municipal, para o que está previsto celebrar por segundo ano o concurso de disfraces virtual, no que poderán participar todos os veciños e maiores de 4 anos, enviando a súa foto entre o 26 de febreiro e o 1 de marzo. Os premiados sairán dun sorteo entre todos os participantes.

Para rematar neste primeiro trimestre, Mugardos celebrará unha das festas con máis historia e tradición no concello como son As Pepitas. Xa están fixadas as datas das celebracións organizadas en colaboración coa Rondalla Mugardesa. O 12 de marzo, a Rondalla Mugardesa presentará á súa madriña, e o concello fará o propio o día 19 ás 19.00 horas. O programa de actividades continuará o día 20 no que as pepitas realizarán un pasarrúas por Mugardos, que repetirán o día 25 pola tarde tamén na parroquia do Seixo.

Como peche de ouro, o día 26 no Casino Mugardés celebrarase o “Certamen de Rondallas”, con a presencia de todas las rondallas de la comarca. Durante estas datas, terá lugar tamén o concurso de adornos das Pepitas.

“Unha vez máis, as celebracións veranse afectadas pola situación epidemiolóxica, xa que na actualidade e debido á antelación coa que estes eventos deben organizarse, non é posible plantexalas sen restriccións, pero estamos abertos a todas as modificación que sexan viables para normalizalas ó máximo” sinalou Roldós, logo de recoñecer que “é unha mágoa que o Entroido non poida organizarse con eventos presenciais, pero esperamos que sexa a derradeira edición virtual. Bótase en falta o barullo nas rúas dunha das festas máis divertidas do ano”.

Lea también

Mugardos informa sobre los trabajos en curso para restablecer la iluminación afectada por los temporales

El Concello de Mugardos informa que continúa realizando intervenciones en distintos puntos del municipio para …