IX Torneo de Esgrima Histórica Cidade de Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, José Oreona, e o vicepresidente da Asociación naronesa de Esgrima Antiga ANEA, Alberto Gundín, presentaron este mércores, día 16 de febreiro, no Concello de Narón,  a novena edición do Torneo de Esgrima Histórica Cidade de Narón que se disputara este sábado, día 19, nas instalacións do pavillón da Mocidade, na Gándara.

Corenta persoas están inscritas ata o momento para participar neste evento, que se disputará entre as 10.00 e as 16.30 horas, tal e como indicou Gundín. O Concello de Narón colabora a través da área de Deportes na organización desta convocatoria, puntuable para a liga autonómica, según apuntou o concelleiro de Deportes, e recordou que a entrada ás instalacións deportivas é de balde.

Ás 10.00 horas dará comezo o Torneo na modalidade de Espada e Broquel e ás 12.15 horas iniciarase o Torneo de Espada Longa. O Torneo de Espada Roupeira, será pola tarde, a partir das 16.30 horas. Os participantes proceden de clubes galegos e tamén de Asturias e Portugal.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de que se celebre na cidade unha nova edición deste evento deportivo e felicitou á Asociación Naronesa de Esgrima Antiga (ANEA) polo traballo que veñen realizando en prol desta disciplina deportiva de importantes connotacións históricas.

O Torneo contará con todas as medidas vixentes de protección contra a Covid-19.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …