O BNG de Ferrol pide explicacións pola situación dos terreos propiedade da Autoridade Portuaria

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol exixe ao alcalde da cidade, Angel Mato, que explique os motivos polos que o goberno central «nega ao Concello a cesión dos terreos declarados innecesarios para usos portuarios situados na contorna da Malata e porque a administración local ten que seguir pagando á Autoridade Portuaria polos espazos que ocupan a maior parte das instalacións deportivas da cidade». Espazos que como o campo de fútbol da Malata, mesmo, «non se contemplaba a posibilidade da súa cesión a terceiros, neste caso ao Racing de Ferrol pese a estar pagando polo seu uso ao ente portuario«.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, lembra que o BNG xa advertiu que o convenio entre o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria para que eses terreos pasasen á titularidade municipal «supuña aprobar unha amnistía fiscal para o ente portuario«. Hoxe, case dous anos despois, e logo de que ese convenio non se levase a efecto, «demostrase que aquel suposto acordo era un calote, para que o Concello seguise a pagar inxentes cantidades de diñeiro por uns terreos que carecen de usos portuarios e sen poder cederllos as entidades que os usan namentres que a Autoridade Portuaria segue sen cumprir coas súas obrigas tributarias coa cidade diante do silencio cómplice do goberno municipal

Pediu ao alcalde da cidade «que renda contas desta situación e como é posíbel que o Concello de Ferrol pague máis de 350.000 € ao ano polo Estadio de fútbol da Malata sen que poidamos facer un uso libre desta infraestrutura e haxa que solicitar permiso da Autoridade Portuaria para desenvolver un convenio para cederllo a entidades deportivas da cidade como é o Racing de Ferrol

O BNG cualifica de «escándalo» o que acontece nesta cidade coas administracións dependentes do Estado, «que nin comen nin deixan comer, e así manteñen un importante número de propiedades e terreos en estado de abandono e desuso ao mesmo tempo que impiden que a cidade poida facer o uso delas como estime oportuno

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …