O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 9 de febreiro de 2022 publicou as listas definitivas das persoas admitidas e excluidas para participar nos procesos selectivos para a provisión de 1 praza de Traballador social e 1 praza de Técnico de Normalización lingüística no Concello de Narón.
No BOP publícase así mesmo a data na que se celebrará o primeiro exercicio do proceso selectivo de Traballador social que será o día 21 de febreiro de 2022. As 18 persoas opositoras admitidas para participar neste proceso selectivo deberán presentarse ás 10.00 horas no Pazo da Cultura do Concello de Narón, sito na Rúa Holanda, para realizar esta primeira proba.
A data de celebración da primeira proba do proceso selectivo para a plaza de Técnico de Normalización lingüística será o día 17 de marzo de 2022. As 5 persoas opositoras deberán presentarse, na mencionada data, ás 10.00 horas, no segundo andar da Casa do Concello de Narón para a realización dese primeiro exercicio.
As persoas aspirantes non poderán introducir no espacio onde se vai realizar o exame ningún dispositivo elecrónico programable, con capacidade para o almacenamento de voz e/ou datos ou transmisión dos mesmos. Tampouco se permitirá o uso de reloxos que aporten algunhas prestacións equivalentes ás anteriores. Todos estos elementos deberán estar fora do alcance dos opositores. Os aspirantes deberán manter os seus pavillóns auditivos despexados para a verificación de que non usan dispositivos auditivos non permitidos.