Cabanas chama a caracterizarse de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía

Unha Rosalía contaxiada da forza das Tanxugueiras é a imaxe coa que o Concello de Cabanas e o resto de concellos cos que comparte Servizo de Normalización Lingüística, celebrarán o Día de Rosalía 2022, unha xornada que se celebrará o próximo 23 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento da autora máis recoñecida das letras galegas.

Baixo o lema “Somos Rosalías. Coa forza da lingua!” chámase a celebrar esta data caracterizándose de Rosalía, para o que as persoas interesadas poden enviar as súas fotos, versos, ou citas aos enderezos habilitados, no caso de Cabanas ó correo normalizacion@cabanas.gal, entre os días 16 e 21 de febreiro, para logo difundir a través das diferentes redes sociais e webs.

“Con esta actividade pretendemos poñer en valor o legado de Rosalía de Castro, tanto na súa faceta como autora universal como no seu papel de muller empoderada”, sinalou a concelleira de normalización lingüística, Paula González.

Cabanas dispón de Servizo de Normalización Lingüística desde mediados do ano pasado, un servizo que comparte cos concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño, e que está coordinado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e subvencionado pola Deputación da Coruña

Lea también

Cabanas obtiene una subvención para incorporar una mini retro excavadora

Cabanas ha publicado la obtención de una subvención para incorporar una mini retro excavadora para …