Presentación do libro “El acertijo de Anat” da escritora Stephanie Olwen, en Narón

A Biblioteca municipal de Narón acollerá este venres, día 11, a presentación do libro “El acertijo de Anat” da escritora Stephanie Olwen.

A cita terá lugar ás 19.00 horas na sala multiusos da sala soto das citadas instalacións municipais, tal e como avanzou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo.

O libro, publicado pola editorial Caligrama, conta a historia dunha moza de orixe exipcia chamada Anat, que se ve involucrada nunha serie de acontecementos que a levan a descubrir a súa verdadeira identidade. Enoch, un misterioso home, e outros individuos, guiarana no seu camiño para que leve a cabo unha misión: liberar á Terra do mal ó que está sometida.

O acto está aberto á asistencia do público xeral ata completar a capacidade da sala.

Lea también

Enquisa sobre igualdade no deporte en Narón: tres de cada catro clubs ven necesaria máis formación

O Concello de Narón vén de facer públicos os resultados da enquisa sobre violencia machista …