Unha unidade de ADOS desplazarase ás inmediacións da praza da Gándara, Narón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este martes, día 1 de febreiro, á cidade de Narón, estando operativa de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas na Praza da Gándara (rúa Pintor Sotomaior), segundo avanzaron dende ADOS.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.

Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Lea también

Encuentran el cadáver de una mujer, fallecida por muerte natural, en un camino de San Mateo, en Narón

Sobre las nueve y media de la tarde de este sábado, día 26, se recibió …