42 rapaces acuden ós obradoiros e Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna de Narón

O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, desprazouse na tarde de onte á Casa da Mocidade, na Gándara, para reunirse cun grupo de rapaces que acoden ós obradoiros de guitarra, batería e piano que alí se imparten ou que utilizan as Aulas de Ensaio.

O edil entregoulles unhas camisetas deseñadas dende o Concello de Narón, cun logotipo vencellado coa Escola de Música Moderna e conversou co alumnado, sobre os obradoiros e as Aulas de Ensaio.

Un total de 42 persoas participan nos obradoiros que se imparten na Escola de Música Moderna de Narón e fan uso das Aulas de Ensaio das citadas instalacións municipais.

“Todos os rapaces da Escola de Música Moderna de Narón terán a súa propia camiseta porque a idea é que ó longo deste ano poidan actuar nalgún evento municipal ou organizar algunha actuación propia en espazos públicos e que leven posta esa camiseta” explicou Mauriz.

Na Escola de Música Moderna de Narón (ubicada na Casa da Mocidade) impártense obradoiros de guitarra, batería e piano entre os meses de outubro e maio, e as Aulas de ensaio para grupos musicais están abertas dende outubro ata xullo.

O edil de Mocidade, indicou que aínda quedan dúas vacantes nas clases de batería, así como un Aula de Ensaio, para grupos musicais. O prazo de matrícula permanece aberto durante todo o curso (ata esgotar as prazas). Mauriz recordou que se trata de propostas dirixidas a mocidade de 12 a 30 anos empadroada no Concello de Narón.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …