Convocado o sector hostaleiro de Narón a unha reunión para planificar posibles accións a desenvolver este ano

O Concello de Narón convoca unha reunión dirixida ao sector hostaleiro da cidade e que na que se abordarán, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita, as necesidades do colectivo. A cita, segundo avanzou, terá lugar este xoves, día 13, nas instalacións da asociación de veciños da Gándara a partir das 17.00 horas.

Pita explicou que na xuntanza se analizarán cos representantes do sector hostaleiro local algunhas das accións a levar a cabo de cara ao presente ano. Con esta finalidade establecerase un diálogo coas persoas que acudan para abordar posibles necesidades e realizar unha posta en común de iniciativas que se poidan materializar en colaboración co Concello para impulsar o sector na cidade.

Lea también

Sanidade investiga un brote de gastroenteritis alimentaria en Narón vinculado a un evento escolar

La Consellería de Sanidade, a través de su dirección territorial en A Coruña, ha iniciado …