O Esteo empeza o ano caendo ante os líderes do Santiago Futsal

O Esteo ante Santiago Futsal | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Remataba a primeira volta, así como comezaba o 2022, O Esteo, xogando nas Somozas ante o histórico Santiago Futsal, Campión de Copa 2006, Supercopa 2010 e Recopa de Europa 2007 entre outros moitos logros.

E marchaban ao descanso os locais 1-0 tras aproveitar Cokito un balón morto na área, pero ao pouco da reanudación tras saque de córner remataba só na área Pablo logrando o empate.

De ahí ao final O Esteo dispuxo de moitas ocasións, salvadas por Brais. O porteiro burelés que se dera a coñecer naquela final do Campionato de España Sub20 gañado 4-3 en Santiago en 2010 con doblete de Quintela e Míguez á Ceuta de Hamza Maimon na que Brais tivera bastante protagonismo, e que despois pasou pola Primeira División no O Parrulo e na segunda categoría no Noia e no propio Santiago.

Tras desbatarar varias ocasións o cancerbeiro mariñán, o último minuto foi para esquecer cos visitantes sacando rédito do 5 para 4 en ambos sentidos, co segundo tanto en propia meta, nunha vitoria bastante inmerecida. O Esteo comezará a segunda volta recibindo ao Segosala.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Guillán, Héctor, Jandro, J. Failde, Dani.

Santiago Futsal: Brais, Adrián, Buján, Javi, Pablo – Pedro, David, Antonio, Luis.

Goles: 1-0, Cokito (13´). 1-1, Pablo (23´), 1-2, Pablo (39´), 1-3, Javi (40´).

Incidencias. Amarelas a Alberto, Troncho e Antonio. Uns 70 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …