Restricións temporais de tráfico nun tramo da estrada de Castela en Narón

A estrada de Castela permanecerá este venres, día 31 de decembro, cortada ó tráfico rodado no tramo comprendido entre a rotonda de Freixeiro e o estanco de Piñeiros en Narón, dende as 16.00 ata as 17.30 aproximadamente.

Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que apuntou que a medida débese á celebración de “Atrintaeundoce”, a San Silvestre de Narón.

Os vehículos poderán utilizar vías alternativas, que estarán debidamente sinalizadas e dende o Concello de Narón xa se informou ós servizos de transporte público, co fin de ocasionar as menores molestias.

Lea también

O Gran Guateque chega este venres a Narón con Fórmula V e a Orquestra Mondragón

Narón será este venres unha das paradas da programación do Xacobeo coa celebración de O …