Entrega de dúas novas cestas da “Campaña do comercio local” en Narón

O Concello de Narón acolleu este xoves, día 23 de cecembro, o acto de entrega de dúas novas cestas con produtos de Nadal da “Campaña do comercio local” organizada en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón.

O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e o edil de Promoción Económica, David Pita, entregaron xunto con Susana Oreona, representante da ACN, as cestas a Ana Belén Fernández e Tamara Valiño, veciñas de Narón e que resultaron agraciadas polas compras que realizaron na mercería Lazos e na tenda de alimentación Juana, respectivamente.

Os representantes do goberno local e da Asociación de Comerciantes de Narón felicitaron ás gañadoras das cestas, con produtos de Nadal valorados nuns 180 euros. No marco desta campaña entregarase unha cuarta e última cesta o vindeiro xoves día 30, polo que as veciñas e veciños de Narón ou doutros concellos que o desexen están aínda a tempo de participar nesta campaña.

Fomentar as compras nos establecementos comerciais da cidade é o obxectivo final desta iniciativa que cada ano impulsan o Concello e a ACN e á que se poden sumar tamén establecementos que non formen parte da citada asociación. Poden adherirse, de balde, todos os pequenos comercios da cidade que cumpran os requisitos establecidos nas bases, que se poden consultar na web: www.comerciodenaron.com. As adhesións poden facerse a través da web: www.comerciodenaron.com, do correo electrónico: nadal2021@eventi.es ou a través do Whatshapp 607 391 660 ou 613 138 107.

A clientela poderá tamén optar a premios en metálico a través das diferentes propostas incluidas nesta campaña, fotografiando tickets de compra en establecementos locais por importe superior a 10 euros e subíndoos á web da campaña. O autor das catro imaxes con maior puntuación recibirán bonos de compra por importe de 500 e 300 euros, entregándose en función da puntuación.

A maiores, tamén se pode participar no concurso de fotografía subindo unha foto no interior dalgún dos comercios participantes na campaña e compartila para recibir votos. As dez con máis votos entrarán no sorteo de tres vales de compra de 100 euros. Finalmente hai un concurso de vídeo felicitación, para subir á web un vídeo, de curta duració,  felicitando o Nadal dende un recuncho da súa casa e felicitando tamén nel a un dos comercios adheridos á “Campaña Nadal 2021”. Neste caso sortearanse tres vales de compra de 100 euros.

A campaña conta con outra opción, unha estratexia de viralización en redes sociais para difundila e propiciar que se sumen máis persoas e na que os participantes optarán a dous premios de 100 euros, tamén para canxear en establecementos da cidade.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …