A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, entregaron na mañá deste luns no Concello xunto coa presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), María Yáñez, a primeira das cestas con produtos de Nadal que se entregarán no marco da campaña de Nadal do Comercio Local, organizada polo Consistorio en colaboración coa ACN.
A agraciada coa primeira das cestas foi Ana María Calvo, veciña de Narón, por compras realizadas na zapatería Ivanni. Foi Montserrat Vilela, amiga da agraciada, a persoa que recolleu a cesta no seu nome, ao non poder acudir a premiada.
A alcaldesa e o edil de Promoción Económica trasladaron a Montserrat Vilela as felicitacións para a persoa agraciada e animaron á cidadanía a continuar participando e aos pequenos comercios interesados a sumarse á mesma. Dende o goberno local destacouse a calidade e variedade dos produtos e artículos que se ofrecen neses establecementos e a implicación dos comerciantes neste tipo de iniciativas.
Próximos sorteos
Este mesmo xoves, ás 9.00 horas entregaranse outras dúas cestas desta campaña e o vindeiro 30 de decembro a cuarta. A través desta campaña o Concello aposta por incentivar e premiar as compras no pequeño comercio da localidade durante a tempada de Nadal. Á mesma, que rematará o 31 de decembro, poden adherirse, de balde, todos os pequenos comercios da cidade que cumpran os requisitos establecidos nas bases, que se poden consultar na web: www.comerciodenaron.com . As adhesións poden facerse a través da web: www.comerciodenaron.com , do correo electrónico: nadal2021@eventi.es ou a través do Whatshapp (607 391 660 ou 613 138 107).
Premios en metálico
A clientela poderá tamén optar a premios en metálico, concretamente os clientes que fagan unha foto con tickets de compra por importe superior a 10 euros e as suban á web da campaña, entrarán no sorteo de dous vales de compra por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros cada un.
Concursos de fotografía e vídeo felicitación
A maiores, tamén se pode participar no concurso de fotografía subindo unha foto –o máximo serán dez- no interior dalgún dos comercios participantes na campaña e compartila para recibir votos. As dez con máis votos entrarán no sorteo de tres vales de compra de 100 euros.
Outra das opcións é un concurso de vídeo felicitación, para subir á web un vídeo –de curta duración- felicitando o Nadal dende un recuncho da súa casa e felicitando tamén nel a un dos comercios adheridos á “Campaña Nadal 2021”. Terán tamén que compartilo para recibir votos e poder entrar no sorteo de tres vales de compra de 100
euros.
Finalmente, hai unha estratexia de viralización en redes sociais para difundir a campaña e propiciar a participación de máis persoas e na que os participantes optarán a dous premios de 100 euros cada un, que deberán canxearse nos comercios participantes.