A programación de Nadal deseñada dende o Concello de Narón traerá esta semana ó Pazo da Cultura o espectáculo “Spirit of New Orleans Gospel Choir”, da compañía The Project Music.
A cita será ás 20.30 horas e é xa un dos clásicos coa música góspel na cidade de cara ó final do ano. O concerto terá unha duración de aproximadamente hora e media, un tempo no que o público poderá desfrutar do traballo dos integrantes de Sonogc, que levan alá por donde van a música da súa cidade, o 9th Ward ou Distrito 9, donde naceron física e profesionalmente.
As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
Esta semana abrirá tamén ó público no Pazo a Cidade dos Agasallos, unha proposta que inclúe diversos espectáculos e que contará cunha Oficina do Correo Real, donde os nenos poderán deixar as súas cartas ós Reis Magos a partir deste mércores. O horario para facelo será de luns a venres entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 21.00 e os sábados e domingos dende as 11.00 ata as 14.00 horas, sen ser preciso realizar reserva previa.
A programación da Cidade dos Agasallos inclúe microespazos para todos os públicos dende este xoves, dia 23 de decembro ata o 4 de xaneiro. A primeira cita, tamén no Pazo, será o xoves con “Aguinaldos na Maxia do Nadal” ás 12.00 horas, de A Maga Fani, e “Varietés do animalario” ás 18.00 horas, de Paporrubio. Esta mesma semana, o domingo 26 poderase ver “O tranvía de Nadal” ás 12.00 horas, de Charo Pita Trío, e “O Castiñeiro do Apalpador” ás 18.00.
A seguinte semana, o mércores 29 de decembro, terá lugar “Arrieira” ás 18.00 de Xarope Tulú, e o xoves 30 “O Crebanoces” ás 18.00 horas de Larraitz Urruzola. As dúas últimas propostas serán en xaneiro, o día 2 con “Os ratiños do Nadal” ás 12.00 de Bea Campos, e “Estación Nadal” ás 18.00 horas de Mamá Cabra e o día 4 con “O que levamos nas maletas” ás 18.00 horas de Magín Blanco e Pablo Vidal.
Todos estes espectáculos son de balde e desenvolveranse na zona da Cidade dos Agasallos