Narón-Unha unidade móbil de Inspección técnica de agrícolas desprazarase á cidade

Unha unidade móbil para realizar a Inspección técnica de agrícolas desprazarase dous días deste mes á cidade de Narón.

Na xornada do mércores 15 de decembro estará no Campo da festa de Pedroso en horario de mañá, dende as 9.00 ata as 13.30 horas e o día seguinte, o 16, nas inmediacións da Cooperativa do Val, tamén de 9.00 a 13.30.

As persoas interesadas en acudir con vehículos agrícolas poden pedir cita previa chamando ó teléfono 902 309 000 ou facelo a través da web: www.sycitv.com.

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza en Narón un Obradoiro de percusión miúda con Ramón Dopico

A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e será impartido por Ramón …