Narón-Exitosa «Xornada para o desenvolvemento do produto turístico Santo André»

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou na tarde do mércores, día 1 de decembro, a “Xornada para o desenvolvemento do produto turístico Santo André de Teixido” que tivo lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura.

Ferreiro estivo acompañada na presentación pola xefa territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, María Barreiro, e polos alcaldes de Valdoviño e Cedeira, Alberto González e Pablo Moreda, respectivamente.

A convocatoria foi un éxito de participación, xa que representantes de diferentes sectores tiveron a oportunidade de intercambiar ideas e experiencias sobre esta ruta milenaria. Ferreiro agradeceu a asistencia das persoas que participaron na convocatoria, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Xunta de Galicia.

A rexedora local aludiu ás posibilidades que ofrece a nivel turístico, cultural e empresarial o Camiño a Santo André, o segundo santuario máis visitado de Galicia. O Camiño Vello a Santo André, que parte do mosteiro do Couto ata o santuario cedeirés, pasando por Valdoviño, tal e como recordou, é unha mostra da importancia desta ruta orixinaria, duns corenta quilómetros en total, que percorren cada ano moitos peregrinos.

Nas súas intervencións, os alcaldes de Valdoviño e Cedeira coincidiron en destacar a importancia do Camiño a Santo André e tamén na importancia da implicación das administracións e de todas as persoas con este trazado, ó igual que destacou a representante da Xunta. Dende as catro administracións representadas na mesa, recoñeceuse o traballo realizado para a súa posta en valor e tamén o traballo que se pode continuar realizando con ese mesmo obxectivo.

A primeira das ponencias foi sobre “O pasaporte de Santo André de Teixido”, a cargo de Leo González, da empresa Trivium ECT. Na súa intervención recordou que se trata dun encargo da Mancomunidade cunha filosofía participativa, para deseñar unha credencial similar á Compostela. O pasaporte pode selarse por establecementos ubicados no tramo e acreditará ter realizada esta ruta, dispoñendo dun código QR que remite á web da Mancomunidade e donde se poden ver os establecementos vinculados á mesma.

A continuación, Pablo Conde, da firma Volta Montana, abordou o “Estado actual dos camiños de Santo André. Necesidades d@s usuari@s”. Iniciou a súa ponecia explicando o traballo de campo realizado percorrendo os camiños que se dirixen ó santuario cedeirés, en contacto directo cos turistas. Detalles técnicos, sinalización e transitabilidade foron algunhas das cuestións que puxo sobre a mesa tras analizar os diferentes camiños a Santo André.

Pola súa banda, Jacobo Suárez, de Goodlife Consultores, destacou na “Auditoría e sinalización do Camiño Vello” os puntos de interese do tramo e a sinalización do mesmo. Aludiu ó traballo realizado en Narón, donde se instalaron paneis informativos no tramo do Camiño Vello que discurre pola cidade con audioguías, con códigos QR, en determinadas zonas en galego, castelán e inglés explicando a ruta e elementos de interese.

A última das ponencias programadas nesta xornada foi sobre “As rodaxes audiovisuais para poñer en valor os territorios”, a cargo de Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo, produtora de series como “Rapa”, rodada na contorna de Santo André de Teixido. Na súa ponencia destacou a importancia do traballo audiovisual á hora de poñer en valor neste caso o Camiño a Santo André.

Finalmente celebrouse unha mesa redonda na que os participantes tiveron a oportunidade de realizar as preguntas e consideracións que estimaron oportunas

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …