A empresa Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón novas interrupcións no subministro eléctrico para esta madrugada e para a xornada do próximo martes, día 30 de novembro.
Unha vez máis, dende a compañía explicaron que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona.
Esta madrugada os cortes comezarán de 00.00 a 2.00 horas, e afectarán a varias rúas do polígono de Río do Pozo, concretamente ás dos Ceramistas, Torneiros e Jesús Fernández Pita.
Así mesmo, entre as 2.00 e as 3.00 horas as rúas afectadas deste parque empresarial serán as de Muiñeiros e Vidreiros; de 4.00 a 5.00 as de Afiadores e Toneleiros, de 5.00 a 6.00 as de Muiñeiros e Toneleiros e de 6.00 a 7.00 a avenida Bernardo Romero.
Na xornada do vindeiro martes, día 30, programouse un novo corte, de 00.00 a 2.30 horas, neste caso na zona urbana de Narón, concretamente nas rúas Alexandre Bóveda e Xaquín Bruquetas e na avenida da Solaina.