O pintor ferrolán afincado en Madrid Andrés Gabarres Cagiao alzouse co primeiro premio da décimo terceira edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón”, organizado polo Padroado da Cultura de Narón.
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que o venres, día 19 de novembro, se reuniu o xurado, presidido polo artista plástico Melchor Balsera (gañador deste mesmo certamen na edición de 2020) e no que actuaron como vogais Jesús Basterrechea e Begoña Gorostidi.
“Plastic Hotel” é o título da obra de Gabarres que resultou elixida entre as dezanove que pasaron á fase final deste certame e que obtivo os 3.000 euros do primeiro premio. A obra pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e o seu autor ten dereito a unha exposición do seu traballo durante quinte días no Pazo, tal e como se estipula nas bases da convocatoria
A entrega de premios deste certame realizarase este martes, día 23 de novembro, ás 19.00 horas, coincidindo cos actos do Día de Narón, festividade local na cidade. O primeiro premio Amador “Francisco Criado” (convocado en recordo do pintor Francisco Criado, da parroquia de San Xiao, donde se iniciou este certame) adiouse para unha data aínda por determinar. As obras presentadas á categoría profesional poderán verse ata o martes 23 na entrada do Pazo da Cultura.
No certame participaron artistas de diferentes comunidades, como Madrid, Navarra, Castela León, Castela A Mancha e tamén de diferentes municipios galegos.
Os autores e autoras das obras presentadas ás categorías infantil e xuvenil, fóra de concurso, recibirán tamén no acto do día 23 de novembro no Pazo un detalle pola súa participación.
As persoas que participaron puideron presentar obras a esta edición do certame dende o 5 de outubro rematando o prazo o 31 dese mes de novembro para a categoría profesional. No caso das modalidades amadora e infantil os prazos marcados eran do xoves 18 ó vindeiro luns, día 29 de outubro.