Narón-Os Consellos Territoriais celebraranse esta semana en San Mateo e Castro

A Escola de San Mateo acolle este luns, día 22 de novembro, ás 18.00 horas, un novo Consello Territorial de Participación Cidadá con veciños da cidade.

A convocatoria, que presidirá a edil de Participación Cidadá, Catalina García, súmase ás que se veñen realizando nas últimas semanas nos barrios e parroquias da cidade e que rematarán no mes de decembro.

Os Consellos Territoriais continuarán este mércores, día 24 de novembro, no local social do Paraxe, en Castro e os programados para finais deste mes son o vindeiro luns, día 29 no local social de San Xiao, ás 18.00 horas, e martes, día 30 de novembro, no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía ás 19.00 horas.

As dúas últimas sesións deste ano, no mes de decembro, terán lugar o día vindeiro mércores, día 1 no local social do Alto do Castiñeiro ás 18.00 horas, e o xoves día 2, no local social de Sedes, ás 19.30 horas. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

García recordou que nestes encontros coa veciñanza se informa sobre cuestións que se abordaron nos anteriores Consellos Territoriais e tamén doutras de máis actualidade, de actuacións ou algúns proxectos en marcha nos barrios e parroquias da cidade.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …