(Xosé Ferreiro) Décimo encontro consecutivo do O Esteo a domicilio, que nesta ocasión tivo que desprazarse nin máis nin menos que a Concello de Fene, que exerceu de acolledor anfitrión, ao coqueto Pavillón da Xunqueira en San Valentín.
Pese a comezar adiantandose cun tanto de Jhony, pronto empataban os vallisoletanos, e tras varias comprometidas perdas de balón en defensa, volteaban o marcador os visitantes antes do descanso, e gracias que Failde parou un man a man.
Na segunda metade os ponteses buscaron en todo momento rescatar algún punto e lograrono cun tanto de Jandro a dous minutos do final, facendo boa a importante vitoria a semana pasada 3-4 en Pontevedra.
Son cuartos pola cola con 11 puntos antes da importante visita ao Ribeira a vindeira semana.
O Esteo: M.Failde, Guillán, Héctor, Alberto, Troncho – tamén xogaron – Cokito, Jhony, Jandro, J.Failde, Dani.
Universidad de Valladolid: Rubén, Picolo, Javi, Antolín, Nacho – tamén xogaron – Aaron, Clemente, Víctor, Iván, Adrián.
Goles: 1-0, Jhony (5´), 1-1, Antolín (8´), 1-2, Clemente (18´). 2-2, Jandro (38´).
Incidencias. Amarelas a Troncho e Víctor. Uns 50 espectadores no Pavillón da Xunqueira.