Narón-Axenda deste «finde»

Venres 19 de novembro de 2021

Actividade: Presentación do recetario “Narón, produtos da ría” Hora: 18.30 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O Concello editou uns 8.000 exemplares desta publicación que se entregarán en establecementos, asociacións e edificios municipais, entre outros. A presentación do recetario completarase cunha degustación de produtos da ría. O aforo é limitado e o acceso ó acto será por orde de chegada.

Actividade: “XXXII Gala do Deporte de Narón” Hora: 21.00 Lugar: Pazo da Cultura

O Concello retoma este evento deportivo, que o ano pasado non se celebrou debido á pandemia,  e entregará o premio ó “Mellor deportista do ano de Narón 2021”, así como mencións nas diferentes modalidades. A cita inclúe un apartado musical e exhibicións de baile deportivo. 

Sábado 20 de novembro de 2021

Actividade: Contacontos infantil “Contamos en igualdade” Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal

Esta actividade, que precisa inscrición previa, enmárcase no programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Actividade: Obradoiro para escoller, preparar, limpar e cociñar produtos do mar Hora: De 10.00 a 14.00 Lugar: Centro Cívico Social do Val

A iniciativa enmárcase no programa “Narón, mar aberto”, impulsado polo Concello de Narón, en colaboración coa AVV “Os Irmandiños” do Val e a asociación Terra Rendible. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, a través da Xunta de Galicia e o GALP.

Actividade: Monólogo de J.J Vaquero Hora: 21.30 Lugar: Pazo da Cultura

O cómico J.J Vaquero, colaborador de varios programas de televisión e radio, estará en Narón con este  monólogo-comedia no que aborda a súa vida cotiá. As entradas dispoñibles están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es. 

Domingo 21 de novembro de 2021

Actividade: Obradoiro para escoller, preparar, limpar e cociñar produtos do mar Hora: De 10.00 a 14.00 Lugar: Centro Cívico Social do Val

A iniciativa enmárcase no programa “Narón, mar aberto”, impulsado polo Concello de Narón, en colaboración coa AVV “Os Irmandiños” do Val e a asociación Terra Rendible. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, a través da Xunta de Galicia e o GALP.

Actividade: “XX Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón. Campionato Galego de Latinos” Hora: 12.30 (Inicio do campionato) Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara

Uns douscentos deportistas participarán neste evento deportivo, organizado polo Concello de Narón e o Club de Baile Deportivo Narón e que se desenvolverá en horario de mañá e tarde.

Actividade: “Petit Pon en concerto” Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

Este concerto de música familiar estará cargado de humor e é moi participativo, buscando en todo momento a implicación do público. As entradas dispoñibles están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …