Narón-Obradoiros «Coido que te coidas!» e «A que estades xogando?»

O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición nos obradoiros “Coido que te coidas!” e “A que estades xogando?”, enmarcados na iniciativa “Da man da corresponsabilidade”.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que as sesións do obradoiro “Coido que te coidas!” desenvolveranse os días 25 de novembro e 2, 9 e 16 de decembro no local social de Piñeiros e as de “A que estades xogando?” serán o día 26 deste mes no local da AVV da Gándara, o 3 de decembro no da AVV “Os Irmandiños”, do Val e o 10 de decembro no local da AVV Virxe do Mar. En todos os casos a convocatoria desenvolverase de 16.30 a 18.00 horas.

A edil naronesa indicou que no caso do obradoiro “Coido que te coidas!” trátase dun obradoiro dirixido a familias da cidade, para incorporar o bo trato e o autocoidado como dimensións fundamentais para unha crianza igualitaria e feliz.

Así mesmo, no de “A que estades xogando?”, aprovéitase a proximidade das datas de Nadal para traballar cos participantes cuestións relativas á publicidade, o consumo responsable e as posibilidades que ofrecen os comercios locais para integrar a igualdade de xénero no xogo e nos xoguetes.

“Ó igual que outros obradoiros que convocamos hai unhas semanas, estes novos obradoiros programáronse atendendo ás suxestións que no seu día nos realizaron veciñas e veciños da cidade que respostaron a unha enquisa na que nos interesamos polos problemas de conciliación que tiveron durante a pandemia da covid-19”, recordou a edil naronesa.

As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información poden facelo a través do correo electrónico: info@arabias.org ou chamando en horario laboral ó número de teléfono 608 631 376

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …