Narón-Axenda deste sábado 13 de novembro de 2021

Sábado 13 de novembro de 2021

Actividade: “Andaina solidaria contra a violencia de xénero” Hora: 11.15 Lugar: Saída do Mosteiro do Couto

O Concello de Narón colabora, a través de Seitura 22, nesta andaina solidaria proposta pola Consellería de Medio Rural e a Secretaría de Igualdade ós Grupos de Desenvolvemento Rexional de Galicia. Os participantes realizarán un percorrido duns catro quilómetros ata chegar a Neda, á zona  de Subarreiros, donde se lerá un manifesto, haberá agasallos, pinchos e animación musical.

Actividade: “O mozo da última fila” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Redrum Teatro traerá a Narón este espectáculo, unha comedia protagonizada por un mozo de 17 anos ó que lle cambiará a percepción da vida despois de escribir unha redacción por encargo do seu mestre. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es

Lea también

Sanidade investiga un brote de gastroenteritis alimentaria en Narón vinculado a un evento escolar

La Consellería de Sanidade, a través de su dirección territorial en A Coruña, ha iniciado …