O BNG pide o goberno de Ferrol reverter as restriccións de acceso aos servizos municipais

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propón ao goberno municipal que proceda a reverter as medidas que se tomaron no ámbito municipal a consecuencia da covid e recuperar a normalidade no funcionamento dos servizos municipais abríndoos novamente á cidadanía e pondo fin ás restricións impostas no acceso ás mesmas.

O BNG considera, que unha vez finalizado o estado de emerxencia sanitaria no noso país, o pasado mes de outubro, cómpre recuperar o funcionamento da vida municipal, tanto administrativa, nos servizos públicos, como no ámbito político. «É incomprensíbel o comportamento do goberno local atrasando o levantamento das restricións vixentes. Non se entende que a día sega manténdose a obrigatoriedade da cita previa para acudir ao Concello, que servizos municipais como a area de Urbanismo continúe pechada, a apertura das bibliotecas municipais, dos centros cívicos e a recuperación da presencialidade dos plenos municipais da corporación como da presenza de público nos mesmos«.

Para o BNG o obxectivo prioritario debe ser «garantir os dereitos dos veciños e veciñas e facilitarlles o desenvolvemento dos trámites administrativos, da participación política e do goce das instalacións municipais que até o de agora permaneceron pechadas ou coa necesidade de acudir aos mesmos con cita previa ou atención telefónica con todas as dificultades e atrasos que iso produciu«.

Para o BNG é «perfectamente asumible reverter estas medidas e garantir a seguridade tanto dos veciños e veciñas como dos traballadores e traballadoras municipais«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …