Narón-Cortes no subministro eléctrico en varios puntos da cidade

A empresa Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón que esta semana, concretamente o mércores 10 e o xoves 11, realizará varios cortes de subministro a diferentes horas e en diferentes zonas da cidade co fin de levar a cabo tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica. A finalidade é, tal e como indicaron dende a compañía, “atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona».

Na xornada do mércores, día 10, quedarán fóra de servizo entre as 00.00 e as 2.30 horas total ou parcialmente as instalacións que subministran ás rúas Ares, Concepción Arenal, Eduardo Pondal, estradas da Gándara e de Castela, rúas Fene, Goya, Linares Rivas, Neda, Pérez Lugín e Valle Inclán.

Nesa mesma xornada do día 10, dende as 2.30 ata as 5.00 horas cortarase o subministro na avenida Cataluña (números impartes 41 a 47), Camiño da Praia (nº 36), rúa Cid (números 1, 13, de 15 a 19, 22 e 24), rúa Fene (números 3, 5, 9 e 20), Linares Rivas (números 35, 40 e 44) e Pérez Lugín (números 8, 10, 16 e 18).

Durante esta mesma xornada, de 5.00 a 7.00 horas quedarán haberá cortes ou interrupcións na avenida do Mar (números 120, 122 a 132, 1011, 1012, 8000, 9701), estrada da Gándara, (números 30, 91, 93, 128, pares 214 a 220, 224, 229, 232, 235, 237, 238, 239, 242, 268, 270, 277, 279 a 287, impares de 289 a 299, 303, 308, 311, 321 a 324, 327, 339, 341, 343, 345, 347, 355, 357, 359) en Longras do número 1 ó 19 e o 9999 e no polígono da Gándara o 119.

Así mesmo, o xoves día 11 a medida afectará entre as 0.00 e as 2.30 horas á avenida Santa Icía, as rúas Bispo Xelmírez, Bon Xesús, Cardenal Cisneros, Compostela, Coruña, Cristóbal Colón, Lugo, Padre Feijoo, Reis Católicos, avenida da Solaina e rúa Xaquín Bruquetas. Tamén ese día, de 2.30 a 4.00 horas o corte afectará á rúa Alexandre Bóveda (números 8 e 10), avenida da Solaina (números 92, 96, 108 e 112), Xaquín Bruquetas (números 89, 91, 102 e 9011).

Máis tarde, entre as 4.00 e as 5.30 horas quedarán sen subministro eléctrico ou sufrirán cortes vivendas ubicadas na estrada de Castela e nas rúas Illa Cortegada, Illa da Toxa, Illa de Arousa, Illa de Ons, Illa de Sálvora, Illa de Tambo, Illas Cíes, Illas Sisargas e as rúas Mestre Mateo, Mariña Española, Roncesvalles e Virxe do Carme.

Finalmente, segundo se indicou dende o Grupo Naturgy, entre as 5.30 e as 7.00 do día 11 a medida afectará á rúa Bouzas (números 2, 4, 6, 8, 16, 20, 22, 24, 32, e 34), ao Camiño da Torre (números 21, 28, 29, 31, 34, 36, 37, 38, 44, 50, 52, 56, 62, 66, 75, 77, 79 e 81), Cangas (números 1 ó 5, 9, 15, 16, 17, 19 a 22 e 24) e A Garda (números 53 e 63).

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …