Narón-Trescentas solicitudes presentadas para cinco prazas de auxiliar administrativo

Un total de 300 persoas entregaron as solicitudes para presentarse ós exames de cinco prazas de auxiliar administrativo convocadas polo Concello de Narón. O proceso será a través dunha oposición, sendo cinco prazas de turno libre e reservándose unha delas para persoas con discapacidade.

O Concello publicará a lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso unha vez comprobe toda a documentación presentada polos aspirantes a estas prazas. Posteriormente abrirase un prazo de dez días para presentar alegacións e despois publicarase o listado definitivo de admitidos e excluídos. A fase de oposición constará de catro exercicios, sobre a parte teórica do exame (o temario pode consultarse nas propias bases) informática e galego.

As bases que rexen esta convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 5 de febreiro de 2020, 13 de abril e 2 de agosto de 2021, así como no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, 28 de setembro e 1 de xuño de 2021.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …