Narón-Axenda «finde».Troula, circo e musical

 

Sábado 6 de novembro de 2021

–Actividade: “Troula no Val” Hora: 18.00 Lugar: Pavillón polideportivo do Val

A Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organiza esta convocatoria, na que colabora o Concello. Os asistentes poderán degustar a prezos populares o bocata “Imus Val” e o “pincho Sinde”, con liscos e pan. Tamén actuará en directo Macarena Tejada. Os cartos recadados no evento destinaranse á Sociedade Deportiva O Val.

–Actividade: “Drop” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Pistacatro Produtora de Soños trae a Narón este espectáculo de novo circo, protagonizado por catro malabaristas e un pianista. As entradas aínda dispoñibles están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 7 de novembro de 2021

–Actividade: “Recuérdame. El tributo a Coco” Hora: 12.00 e 17.00 (dous pases) Lugar: Pazo da Cultura

Este musical de Vol Music Events está baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos. Está pensado para público familiar e infantil e as entradas para os dous pases están esgotadas.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …