Narón-Restricións de tráfico no polígono de Río do Pozo

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou das restricións de tráfico que se aplicarán este venres, día 5 de novembro, e o vindeiro luns, día 8 deste mes, no polígono de Río do Pozo debido ás obras que se executan para a mellora do firme.

O edil indicou que dende o mediodía deste venres 5 ata a noite se cortará o tramo da avenida Bernardo Romero comprendido entre a rotonda ubicada á altura do hotel Valcarce e a localizada nas inmediacións do estadio de Río Seco. “Nese tramo, durante a o tempo que dure a execución das obras tan só se circulará no sentido de entrada ó polígono, debendo saír pola zona de San Mateo ou Castro, apuntou.

Os traballos de mellora do pavimento interrumpiranse a fin de semana para retomalos de novo o luns pola mañá, cando a saída se manterá polas zonas de Castro e San Mateo ata o remate dos traballos, tal e como se apuntou dende a empresa adxudicataria.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …