Actuación de Cándido Pazó nos xardíns municipais de San Sadurniño

 
A actuación de Cándido Pazó deste sábado, día 6 de novembro, ás 20:00 horas en San Sadurniño será na carpa que se instalará na pista multixogos dos xardíns municipais , non na Casa da Cultura como se informara hai uns días.
 
As entradas (gratuítas)poden reservarse ata o mediodía deste venres día 5,  chamando ou mandando un WhatsApp ó 616 332 919, ou ben no correo agustin.perez@sansadurnino.gal.
 
O actor e dramaturgo volve a San Sadurniño traéndonos desta vez o espectáculo «Botando a lingua a pastar». Humor e retranca con contos tirados da tradición oral que el enfía engadíndolles historias creadas ou vividas que, en conxunto, constrúen un convite á reflexión sobre a lingua galega, a súa normalización e o seu incerto futuro.
 
Este domingo, día 7 de novembro pola tarde, tamén baixo a carpa da pista multixogos, terá lugar o obradoiro infantil de tallado de cabazas con 30 prazas en dous grupos, un de 16 a 17:00h e outro de 17 a 18:00h, e ó seu remate actuará Magín Blanco coa proposta familiar «O que levamos nas maletas». Tamén fai falla reserva no 616 332 919, ou en agustin.perez@sansadurnino.gal.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …