O Concello de Narón retoma este martes, día 2 de novembro, ás 18.00 horas no local social da Gándara os Consellos Territoriais, uns espazos de encontro da veciñanza ós que asistirán representantes da corporación local e que teñen entre os seus obxectivos promover o intercambio de necesidades e ideas do territorio. A edil de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá os Consellos Territoriais ata o vindeiro 2 de decembro se sucederán en todos os barrios e parroquias da cidade.
As seguintes citas programadas en novembro serán o vindeiro mércores día 3 na Escola de San Mateo, ás 18.00 horas, o martes, día 9, no Local Social de Xuvia ás 19.00 horas, o mércores, día 10 no local da Sociedade Cultural Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, 18.00 horas; o xoves, día 11, no local social de Piñeiros ás 19.00 horas; o luns día 15 no local social do Val ás 17.30 horas; o martes 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro ás 18.00 horas; o mércores día 17 no local social do Couto ás 18.00 h ; o xoves 18 no local social de Doso ás 20.00 horas; o mércores día 24 no local social “O Paraxe”, en Castro ás 19.30 horas; o luns día 29 no local social de San Xiao ás 18.00 horas e o martes día 30 de novembro no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía ás 19.00 horas.
Así mesmo, os convocados para o mes de decembro terán lugar o mércores, día 1 no local social do Alto do Castiñeiro ás 18.00 horas e o último será o xoves, día 2 no local social de Sedes ás 19.30 horas.
O estado das diferentes cuestións abordadas na primeira edición dos Consellos Territoriais deste ano e as principais liñas do proxecto de orzamentos municipais para 2022, serán algúns dos asuntos que se abordarán nas sesións. As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.