O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este venres, día 5 de novembro, ás 18.00 horas unha xornada informativa sobre “Especies exóticas invasoras”. Así o anunciou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, que indicou que se trata dunha convocatoria aberta á asistencia da cidadanía en xeral e que as prazas (ata completar o aforo) se cubrirán por orde de chegada.
Un profesional do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) será o encargado de impartir unha charla centrada en dúas especies, a “herba da pampa” e as acacias. “Nesta convocatoria a cidadanía recibirá información sobre o perxudiciais que son para o medio ambiente as especies invasoras e tamén sobre como temos que actuar non só de cara á súa eliminación senón tamén do seu control, para que non sigan estendéndose”, explicou Galego. Así mesmo, apelou á colaboración dos particulares con fincas donde proliferan estas especies de cara a ese obxectivo final da erradicación das mesmas.
O concelleiro recordou que dende o Concello tamén se continúa traballando nesa liña, estando actualmente á espera dunha entrevista coa xefa da delegación territorial de Medio Ambiente na Coruña para abordar o Plan de actuación que vai aprobar a Xunta sobre especies invasoras, ó ser a administración autonómica a que ten as competencias directas na materia. Tamén se preguntará sobre o orzamento que a Xunta destinará para ofrecer recursos para loitar contra a proliferación das especies invasoras.
A maiores Galego indicou que dende o Concello estase traballando na elaboración dun mapa no que figuren as zonas do termo municipal máis afectadas polas especies invasoras. Finalmente, o edil naronés avanzou que esta mesma xornada se convocará próximamente noutros locais sociais da cidade, para que poidan asistir todas as persoas interesada