O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá no pleno de fin de mes unha moción de apoio aos traballadores de Electro Rayma, esixindo o cumprimento dos acordos da declaración institucional aprobada polo pleno de Ferrol.
O BNG propón que o pleno do Concello de Ferrol exixa ao alcalde da cidade «explicacións polo incumprimento destes acordos aprobados e que faga efectiva de modo inmediato tanto a reunión entre a Dirección de Navantia en Madrid e os representantes dos grupos políticos municipais así como a reunión entre o director de Navantia en Ferrol e os representantes dos grupos políticos municipais do Concello de Ferrol«.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lémbralle ao alcalde da cidade que «a defensa dos postos de traballo da industria auxiliar na comarca non debe ser algo secundario nen quedar en posicións esteticas é preciso unha implicación real co obxecto de que o Concello de Ferrol exerza de interlocutor coa empresa pública Navantia e tentar buscar alternativas a un conflito que esta a poñer en risco máis de 150 postos de traballo na comarca«.
O BNG na súa iniciativa tamén pedirá que o pleno «censure a política de baleirado de gradas dos estaleiros da ría e a política de subcontratación da empresa Navantia que está a provocar o deterioro das condicións laborais do traballadores e traballadoras e o desmantelamento da industria auxiliar na comarca.«