Narón-Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará esta semana na cidade

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará na cidade ó carón do novo Centro de Saúde este xoves, 21 de outubro, en horario de mañá de 9.30 a 14.30 e de tarde desde as 15.30 ata as 21.00 horas e este sábado 23 de outubro de 10.00 a 15.00 horas.

Asimesmo, a unidade móbil estará este venres 22 de outubro na Praza da Constitución da Solaina, en horario de 15.30 a 21.00 horas

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ó mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …