Narón-Convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación ÀUREGA en materia de ensino

A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou este xoves, día 14 de outubro, un convenio de colaboración en materia de Ensino entre o Concello de Narón e a entidade Asociación “ÁUREGA”, representada polo seu presidente, Marcos Antonio Castro Vigo. A firma contou coa presenza da concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

A entidade ÁUREGA é unha asociación, sen ánimo de lucro, de familias de nenos con altas capacidades, talentos e/ou inquedanzas intelectuais que desenvolve obradoiros especiais para este colectivo así como a escola de familias.

O obxectivo deste convenio é o desenvolvemento da escola de familias desta entidade, considerada actividade de interese social de carácter singular dado o colectivo ó que vai dirixido. A escola de familias consiste no desenvolvemento de charlas, conferencias o coloquios nos que se conta con relatores que ofrecen respostas ás dúbidas que xorden a diario, proporcionando ferramentas e pautas de actuación para poder acompañar ás familias neste proceso.

As actividades comprendidas neste convenio desenvolvense no periodo comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2021, desenvolvendose no termo municipal de Narón no local que a entidade dispoña para a atención deste colectivo, agás aquelas que polas súas características deban ser realizadas en dispositivos da entidade na comarca.

O Concello realiza unha achega económica de dous mil euros e asesoramento técnico-administrativo do Servizo Sociocomunitario. A entidade se compromete tamén a colaborar co Concello de Narón en eventos conmemorativos organizados polo Concello e relacionados coa temática deste convenio.

O Concello de Narón leva varios anos colaborando con distintas entidades para desenvolver programas en materia de ensino co alumnado, especialmente con altas capacidades. A alcaldesa valorou e agradeceu o traballo desenvolvido pola asociación ÁUREGA para acadar o desenvolvemento social deste colectivo no municipio e expresou o respaldo do equipo de goberno para seguir traballando nesa líña no futuro.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …