Narón-Actos conmemorativos do Día Internacional da concienciación da morte xestacional ou perinatal

O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, e as representantes da asociación Bolboretas no Ceo Norte, Almudena Rodríguez, presidenta, Beatriz Brage, vicepresidenta, e Fátima González, secretaria, presentaron este mércores 13 de outubro os actos conmemorativos do Día Internacional da concienciación da morte xestacional ou perinatal, que se desenvolverán este venres 15 de outubro.

No cemiterio municipal, ás 12.00 horas, levarase a cabo unha ofrenda floral ó pé da árbore, un teixo, que recorda o obxectivo de visibilizar o duelo traumático que sofren as familias que perden un fillo durante a etapa xestacional ou perinatal e a necesidade de reducir o tabú social que aínda pesa sobre estas perdas, moitas veces incomprendidas, e promover a empatía nas institucións e na sociedade.

Xunto a esta árbore, as familias que sufrisen unha morte xestacional ou perinatal poderán colocar pequenas pedras co nome dos súas fillos falecidos durante o embarazo o parto ou ó pouco tempo de nacer. Neste acto procederase á lectura dun Manifesto e ó acendido de velas led en memoria dos bebés falecidos. Asimesmo, o Concello iluminará a rotonda de Freixeiro nesa data coas cores rosa e azul.

O concelleiro de Sanidade destacou o traballo que realiza a asociación durante todo o ano coas familias que pasan por esas dolorosas circunstancias axudando a paliar na medida do posible as duras vivencias que poden repercutir gravemente na saúde psicolóxica das persoas que sofren un duelo moi difícil, quizáis imposible de superar, pero co que deben convivir, e ó que se suma a incomprensión da sociedade en moitas ocasións.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …