Narón-Este mércores, corte do suministro de auga

A empresa Cosma cortará este mércores, día 13, o subministro de auga na avenida Malde Vizoso, Ferrerías e Pena Parda dende as 8.00 ata as 19.00 horas para poder realizar na zona as conexións da rede de abastecemento, recentemente renovada no tramo.

Co fin de minimizar as molestias que poida ocasionar o corte ós veciños da zona, a empresa adoptará esta medida para evitar ter que cortar o subministro durante varias xornadas, tal e como se indicou.

Lea también

O pleno de Narón aproba a adhesión ao convenio con Seaga en materia de prevención de incendios forestais

A sesión ordinaria de setembro validou todos os puntos da orde do día, entre eles …