O Pazo da Cultura acollerá este domingo, ás 19.00 horas, a comedia musical «Elisa e Marcela» unha proposta cultural impulsada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, á que está adherido ó Concello de Narón, e con cargo ó Fondo Europeo Xacobeo 21-22.
Elisa e Marcela foron dúas mestras galegas que se casaron na igrexa parroquial de San Xurxo (Ferrol) no ano 1901, unha delas vestida de home. Foi o segundo matrimonio do que se ten constancia entre persoas dun mismo sexo, considerándose o precedente do matrimonio homosexual en España. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrucción irreverente dun suceso real, unha comedia musical onde o verídico parece invento e non exenta de persecucións policiais, fuxidas, cambios de identidade e información manipulada.
As persoas interesadas en asistir poderán recoller as entradas, de balde, ata completar o aforo, na billeteira do Pazo. Entregaranse un máximo de dúas por persoa, de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30. O propio día do espectáculo a billeteira abrirá unha hora antes do comezo do espectáculo.