Narón-Visita a Carmen González Fernández con motivo do seu centenario

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse a Santa Icía, para homenaxear a unha veciña, Carmen González Fernández, que cumpriu cen anos.

Procedente de Momán (Xermade), Carmen reside coa súa familia en Sta Icía, Narón, desde o ano 1975. Cunha filla, Delfina González Fernández, con quen convive, e dous netos, José Luis y Marcos, Carmen González recorda tempos difíciles nos que estivo traballando en Inglaterra no sector da hostalería e dos que aínda conserva moitas vivencias e o recordo dalgunhas expresións na lingua inglesa que amosa cun sorriso.

A alcaldesa, e a concelleira felicitaron a Carmen González con motivo do seu centenario e entregáronlle un ramo de flores como agasallo e tamén unha tarta, na que soprou as velas conmemorativas dos seus cen anos.

A homenaxeada conversou animadamente coas representantes municipais xunto á súa familia e agradeceulles a visita e tamén os agasallos. Pola súa banda, Ferreiro e García tamén lle agradeceron a acollida e desexáronlle que continúe cumprindo anos con tanto ánimo e saúde como ata agora.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …