Narón-Curso de «Internet e informática básica» na Aula Cemit de Xuvia

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura do prazo de inscrición nun novo curso a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia.

A edil indicou que se trata dunha acción formativa sobre «Internet e informática básica» ó que se poden anotar as persoas interesadas a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37131.

O curso impartirase, de balde, do 25 de outubro ao 10 de decembro (de 16.00 a 20.00 horas) nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia. En total impartiranse 124 horas e hai nove prazas dispoñibles.

«A comezos deste mesmo mes iniciabamos as actividades do programa Cemit con dous cursos, aos que agora se suma esta nova convocatoria e coa previsión de ir anunciando outros nas vindeiras semanas» asegurou Hermida.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como recordou a edil naronesa.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …