Narón-Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará na Praza da Gándara

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este martes, día 28 de setembro na cidade, concretamente na zona da Praza da Gándara (rúa Pintor Sotomaior). O vehículo permanecerá operativo dende as 9.30 ata as 14.30 horas e tamén en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

A música coral de Narón volve á praza de Galicia co concerto de Panxoliñas

A praza de Galicia converterase este luns 22 de decembro nun escenario aberto á música …