Narón-Amplíase o prazo de inscrición para o obradoiro «Cuidadanas»

O prazo de inscrición no obradoiro «Cuidadanas» do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural que se leva a cabo dende o Concello de Narón en colaboración coa Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña ampliouse ata o vindeiro 30 de setembro, tal e como anunciaron as edís de Igualdade, Mar Gómez, e Benestar Social, Catalina García.

As persoas interesadas en participar deben anotarse chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109). O curso impartirase os xoves, do 23 de setembro ó 25 de novembro de 10.30 a 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1).

Entre os contidos que se abordarán nas sesións están: Saúde e autocoidado, Quen coida de min; Xestión do tempo, O teu tempo, o teu lecer; Escoita activa, Se me escoito, escóitote; Dixitalizadas, Manexando o móbil e Prevención do acoso na rúa forman parte dos contidos a abordar nas diferentes sesións.

As edís naronesas recordaron que o obradoiro «Cuidadanas» aposta por mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, dirixíndose especificamente a mulleres que de xeito non profesional coidan ou coidaron a persoas en situación de dependencia.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …