Narón-Conferencia Áurega «Como remar a favor: colexio, familia e nenos de altas capacidades»

O Concello de Narón organiza en colaboración coa Asociación Áurega (Asociación de Familias de nenos con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais) a conferencia «Como remar a favor: colexio, familia e nenos de altas capacidades»

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e Begoña Ramos e Elena Silvar, secretaria e vogal, respectivamente, da asociación Áurega, presentaron esta mañá no Concello a iniciativa, que terá lugar o vindeiro 2 de outubro, de 17.00 a 19.00 horas, no Auditorio municipal.

Taibo avanzou que Félix Ruiz e José Luis Pérez, psicólogos clínicos, fundadores do Centro Ayalga e autores do libro «A mi no me parece» serán os poñentes nesta conferencia, aberta á participación da cidadanía en xeral.

As representantes de Áurega incidiron na importancia de que os menores con altas capacidades deben recibir unha atención especializada nos centros de ensino. «Nós, como asociación, estamos aquí para tender pontes coa comunidade educativa co fin de acadar ese obxectivo» indicaron.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do correo electrónico: secretaria@auregaasociacion.gal , indicando o seu nome e apelidos.

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …