Narón-Enquisa ós usuarios de Asfedro empadroados na cidade

A Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro) realizará este mes unha enquisa entre usuarios da entidade empadroados en Narón co fin de obter información relevante que facilite accións futuras preventivas e asistenciais.

Así o indicou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, que explicou que se trata dunha enquisa de carácter anónimo e voluntario, polo que os profesionais que interveñen nas terapias informarán ás persoas sobre a iniciativa para que contesten ás preguntas no caso de que queiran colaborar.

Esta iniciativa forma parte das diferentes actividades que Asfedro leva a cabo na cidade no marco do convenio asinado co Concello en materia de acción social, coordinadas a través do Servizo Sociocomunitario Municipal.

Así mesmo, a través deste acordo impúlsanse actividades de sensibilización coa mocidade a través dos centros de ensino da cidade e ofrécese información e asesoramento sobre a prevención de condutas adictivas.

A maiores, tamén se realizan obradoiros de habilidades sociais co alumnado de ESO de Narón, impártense módulos específicos sobre prevención de condutas adictivas nas Escolas de Familias municipais e tamén se realiza a campaña de sensibilización sobre uso de teléfonos móbiles «Fóra de onda» para alumnado de cuarto curso de ESO de centros de ensino da cidade, tal e como recordou Galego.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …