Narón-Corte no subministro de auga nas parroquias do Val e San Mateo

A empresa do Servizo Municipal de Abastecemento de Narón, Cosma, anunciou un corte no subministro de auga que terá lugar o vindeiro mércores día 22, a partir das 20.00 horas e que se prolongará ata as 8.00 horas do xoves 23.

A interrupción no subministro afectará a dúas parroquias da zona rural: San Mateo e O Val, tal e como indicaron dende a empresa.

Durante o período das restricións operarios da compañía encargaranse de realizar labores de mantemento no depósito de abastecemento localizado no Val, que se limpará e desinfectará seguindo o Protocolo de Autocontrol aprobado por Sanidade.

Dende Cosma solicitan de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poida ocasionar.

Lea también

“N de Narón. A festa das Letras” encherá de actividades a praza da Lectura para homenaxear a Begoña Caamaño

O Concello de Narón presenta unha nova edición de “N de Narón. A festa das …